Desde AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA queremos desexarlle toda a sorte do mundo ao equipo feminino do CF Muxía, no importante encontro desta segunda fase de liga fronte ao SD San Lázaro.
Un partido moi especial, no que as nosas xogadoras poden proclamarse campioas de liga e poñer o broche de ouro a unha tempada chea de esforzo, compromiso e paixón polo fútbol.
Gozade do partido, loitade cada balón e seguide demostrando o orgullo de representar ao noso pobo dentro e fóra do campo.
Moita sorte, rapazas!