Na xornada do domingo pasado, novos voluntarios e voluntarias de CORCUBIÓN, CAMARIÑAS, DUMBRÍA, LAXE, VIMIANZO, FISTERRA e MUXÍA realizaron o Curso Básico de Protección Civil con sede no Concello de Dumbría.
Esta formación está promovida e organizada por AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA , co apoio financeiro da Deputación da Coruña e homologada pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
A formación continua é fundamental para seguir mellorando a preparación e a capacidade de resposta do noso voluntariado, reforzando así o servizo que prestamos á cidadanía.
Queremos felicitar aos novos voluntarios e voluntarias polo seu compromiso, dedicación e vontade de ofrecer a mellor atención posible en cada intervención.
Seguimos apostando pola formación continua para ofrecer un mellor servizo á cidadanía. 💪